lunes, 30 de abril de 2012

" Pasou moito, moito medo.
Subíu a un alto penedo
 medio morto de terror.
 Berrou. Non había xente. 
Aguantou alí valente,
e mentres tanto nevou.
 Cando se fixo de día
 viuse na neve enterrado
 con medio corpo xeado
 e sen forzas, sen valor.
 Os pés non se lle movían.
 Pero xa lucía o sol. 
Logo o sol rompeu a neve
 e el púidose mover.
 -¡Gracias, sol!¡que forte es 
 con luz que derrete a neve, 
a neve que cobre os pés!
 -Mentira- díxolle o sol-. 
Mira ti que forte son 
que me tapa un nubarrón. 
Faloulle ó nubarro entón:
-¡Ouh, nube, que forte es 
que podes tapar o sol,
 o sol que derrete a neve,
 a neve que cobre os pés! 
-Mentira- díxolle a nube-. 
Mira ti que forte son 
que o vento anda a levarme 
polo ceo a empuxóns. 
E faloulle ó vento entón: 
-¡Ouh, vento, que forte es 
que vas empuxando a nube, 
a nube que tapa o sol, 
o sol que derrete neve, 
 a neve que cobre os pés! 
-Mentira- díxolle o vento-. 
Mira ti que forte son 
que o mesmo monte en que estás 
detén o meu empuxón. 
E faloulle ó monte entón: 
-¡Ouh, monte, que forte es 
que podes parar o vento, 
o vento que empuxa a nube, 
a nube que tapa o sol, 
o sol que derrete a neve, 
a neve que cobre os pés! 
-Mentira-díxolle o monte-. 
Mira ti que forte son 
que ese ratiño pequeno 
vaime furando e comendo 
con dentes de furador"

No hay comentarios:

Publicar un comentario